Zénzar – Camiñándo entre serpes

9,95 Iva incluido

SKU: 8424295356949 Categoría:

Descrición

Zënzar é a banda decana do rock feito en galego. Nestes momentos presenta o seu traballo nº 10. Coa produción coma sempre de Javier Abreu o grupo rexistra as pezas  ao vivo buscando un son máis cercano ao directo. O novo disco gravando no estudio Escola da Rúa de Carballo.

Como adianto chega a peza “Cortina“ (Nimbos, 1961) con letra do poeta Xosé Díaz Castro (homenaxeado nas Letras Galegas 2014) e fúndese cunha peza audiovisual  dirixida por Paco Gallego e realizada polo propio membro do grupo Bocixa, a partir do poema  que fala sobre as duras condicións de vida dunha familia galega do rural. 

Farruco de Rolda é a personaxe metáfora da paulatina decadencia e posterior abandono do agro, intensificada durante a segunda metade do século XX. 

“Cortina” preséntanos unha Galicia mimetizada histórica e culturalmente con Xapón, un Imperio do Sol Poñente que vive as súas derrotas e o fin duns tempos e dunha forma de vida que fora perpetuada, durante xeracións, en forma de tradición e costume. 

A principios de ano presentaremos un novo traballo que  está en fase de gravación e nesta ocasión a banda  quere que soe máis cercano ao directo,  polo que se rexistran guitarras, baterías e baixo ao vivo. 

O quinteto conta con colaboracións habituais (Ares á gaita e Xenderal á voz) tanto na nova gravación coma no directo do 2015. 

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Zénzar – Camiñándo entre serpes”