Xulio Lorenzo – Cantos da ialma

11,95 Iva incluido

Formato: CD

Música: FOLC

Xulio Lorenzo  é un músico e compositor Galego nacido en Louredo, unha parroquia do Concello de Mos na provincia de Pontevedra.

SKU: 8424295360465 Categoría:

Descrición

Xulio Lorenzo  é un músico e compositor Galego nacido en Louredo, unha parroquia do Concello de Mos na provincia de Pontevedra.

Os 15 anos forma parte do grupo folk Eimiñavella de Reboreda en Redondela. No 1997 pasa a ser integrante da Banda de gaitas Xarabal de Vigo, dirixida polo Mestre de Mestres, Antón Corral. En Xarabal coñece a grandes artistas e compañeiros dos cales aprende os segredos da gaita galega.

Despois de varios anos sendo autodidacta, Xulio Lorenzo decide facer cursos con algúns dos mellores músicos de Galicia, Anxo Lorenzo, Anxo Lois Pintos (Zanfona) ata que establece amizade cun dos máis grandes Gaiteiros Galegos, Óscar Ibáñez, con él aprende os segredos dos “whistle” e perfecciona a técnica de gaita colaborando tamén en diversos concertos e presentacións de  Óscar Ibáñez.

Como músico, Xulio Lorenzo fundou o grupo Xabenga Folk e tamén participou en grupos locais de gran recoñecemento na tradición musical galega, Arume de Guizán, Donicelas, Os Chavellos, Banda de gaitas Charamuscas, así como acompañando a numerosos artistas.

Como compositor, é autor de varias obras tanto para gaita como para frauta doce ou whistle, destacando a “Muiñeira de Mos” e a “Alborada Camiño da Rosa” adicadas o seu Pobo, esta última, presentada coa colaboración dos grupos de gaitas de Mos. Máis de 80 músicos interpretaron a “Alborada Camiño da Rosa” no día da súa presentación.

No ano 2015 comeza unha aventura musical no Brasil, unha xira de tres meses da man do grupo Gaiteiros de Lume e do seu director Luis Fitzpatrick, onde forma parte da agrupación que ten un gran éxito en Curitiba(rexión Sur de Brasil). Con Gaiteiros de Lume participa en concertos por todo o estado así como na gravación do segundo álbum dos músicos curitibanos.

A finais do 2015 decide dar forma as súas composicións reunindo con él un equipo formado por grandes músicos do panorama musical actual. Paco Dicenta(Baixo eléctrico), Ioana Pérez (Violín), Diego Bea(Guitarra), Roberto Comesaña(Acordeón), David Outumuro(Percusións), Alberto Vilas (Piano).

Para o seu primeiro traballo discográfico Xulio conta con grandísimos artistas convidados, todos eles de talla internacional, Bieito Romero (Luar na Lubre), Marcos Campos ( Crema de Gaita, Riobó), Pedro Fariñas (Trim, Transilvanians…), Noelia Alvarez Rodriguez-Osorio ( Two in the Mirror, Aretha Franklin Tribute Band…), Marisé Balado (Arume, Orquesta folk Sondeseu…), Francesco Di Cristofaro (Brigan Italia), Alberto Vilas ( Tangata, Alberto Vilas Quartet…) e  a Banda de gaitas Xarabal.

Listado de temas:

1.- Muiñeira de Mos,  4,17

2.- Bonequiña,   3,30

3.- cantos da ialma,  4,56

4.- Brigan vals,  2,32

5.- No mar heite de amar,  3,09

6.- Ostara in Gallaecia,  5,28

7.- Saudades,  3,21

8.- Miña nai ,  3,57

9.- Desexo inesperado,  4,55

10.- Muiñeira de Chisco,  2,45

11.- Alborada camino da rosa,  3,53

12.- A illa das bágoas,  6,24

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Xulio Lorenzo – Cantos da ialma”