Sés – Rabia ao silencio

14,95 Iva incluido

Formato: CD

Música: Folk

A “RABIA AO SILENCIO” que cantaba Yupanki da nome a este traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron.

SKU: 0804071015297 Categoría: Tag:

Descrición

Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten acostumados, para traer á Galiza do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil…), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes SoSa ou Zeca Afonso. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

María Xosé Silvar “SES” – voz, guitarra e percusión
Sabela Galbán – voz, acordeón e flauta
Tito Calviño – guitarra

TEMAS

01 – O Grileiro

02 – Serei Curiosa

03 – Brazos para a Seitura

04 – Son Dun Pobo Sinxelo

05 – Son da Alfabetización

06 – Zamba dos Humildes

07 – Téñolle Rabia ao Silencio

08 – Enquanto Há Força

09 – Un de Abaixo

10 – Muller

11 – A Chamuscada

12 – Raro Froito

 

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Sés – Rabia ao silencio”