Descripción
Un disco de 11 nanas coa música popular como referencia
Guillerme Fernández e Xabier DÃaz, membros de Berrogüetto, editan este disco composto por once cancións, no que se recollen nanas tradicionais e outras de nova creación.
Convidámosvos a durmir. Esta é a invitación a durmir que inclúen Xabier DÃaz e Guillerme Fernández no seu novo disco, Arrolos de Salitre, onde contan coa participación de oito artistas emerxentes galegos, os cales cederán as súas voces a estas cancións construÃdas desde a tradición ou empregando a mesma como materia prima para a súa elaboración.
Ademais, o disco inclúe 10 textos de diferentes autores como Carlos Rivero, Xabier DÃaz e unha selección de coplas de tradición oral extraÃdas do Arquivo de Salitre. Xunto a estas oito voces, as guitarras de Guillerme Fernández e o acordeón e percusións de Xabier DÃaz, en Arrolos de Salitre participan outros artistas como Quim Farinha (Berrogüetto), Pedro Lama e Suso Igrexas.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.