Xabier Díaz & Guillerme Fernández – Arrolos de Salitre

13,28 Iva incluido

Un disco de 11 nanas coa música popular como referencia
Guillerme Fernández e Xabier Díaz, membros de Berrogüetto, editan este disco composto por once cancións, no que se recollen nanas tradicionais e outras de nova creación.

SKU: 8436030493222 Categoría: Etiqueta:

Descripción

Un disco de 11 nanas coa música popular como referencia
Guillerme Fernández e Xabier Díaz, membros de Berrogüetto, editan este disco composto por once cancións, no que se recollen nanas tradicionais e outras de nova creación.
Convidámosvos a durmir. Esta é a invitación a durmir que inclúen Xabier Díaz e Guillerme Fernández no seu novo disco, Arrolos de Salitre, onde contan coa participación de oito artistas emerxentes galegos, os cales cederán as súas voces a estas cancións construídas desde a tradición ou empregando a mesma como materia prima para a súa elaboración.
Ademais, o disco inclúe 10 textos de diferentes autores como Carlos Rivero, Xabier Díaz e unha selección de coplas de tradición oral extraídas do Arquivo de Salitre. Xunto a estas oito voces, as guitarras de Guillerme Fernández e o acordeón e percusións de Xabier Díaz, en Arrolos de Salitre participan outros artistas como Quim Farinha (Berrogüetto), Pedro Lama e Suso Igrexas.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Xabier Díaz & Guillerme Fernández – Arrolos de Salitre”