Virandeira Folk

Formato CD

11,95

En stock

En stock

Descripción

“Virandeira Folk”

Virandeira nace no barrio vigués de Zamáns no ano 2000, de onde son os integrantes do grupo; Chema, Mila e David. Nese momento adicados exclusivamente á música tradicional, xa argallaban novos sons e instrumentos.

O grupo fai unha paréntese ata o ano 2008, cando decídese retomar o proxecto. Novas incorporacións como Martín (teclados) e Jony (guitarra)  fan que o grupo dé un xiro, deixando atrás unha longa etapa adicada á música tradicional galega e pasando a compoñer os seus propios temas. No ano 2010 incorpórase Loreto (batería). Con esta formación estréanse ese mesmo ano, comezando así unha longa lista de concertos.

A finais do 2011 únese ao grupo André (violín) e, pouco despois, o grupo comeza o proceso de gravación dos seus temas musicais.