Virandeira Folk – Metamorfose

Formato CD

11,95

En stock

En stock

Descripción

Virandeira Folk prosegue a súa andadura polo panorama musical galego coa gravación dun novo disco, Metamorfose, unha proposta musical viva, fresca,moderna e singular. A banda viguesa tivo o seu debut discográfico en 2012 con Sons do Atlántico, un álbum que foi presentado no Culturgal daquel ano e que tivo unha gran acollida do público en escenarios como o Auditorio Afundación de Vigo.
Con Metamorfose o grupo evoluciona cara un espectáculo máis xenuino e vital, sen olvidar a expresividade e sensibilidade dos temas cós que a banda deuse a coñecer. Virandeira Folk invita ao público dos seus concertos a sentir durante hora e media a intimidade do Atlántico, a forza das danzas célticas, o exotismo dos seus influxos orientais… en definitiva, a vivir en primeira persoa unha particular viaxe que non poderá esquecer.
Virandeira é unha banda de folk fusión que aposta pola mistura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que foxe do contemporizador na procura do ecléctico, filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde directamente da variedade de influencias musicais dos seus propios compoñentes.
Eles son: Chema Alonso (gaita), David Oitabén (frautas), André Taboada 
(violín), Roberto González (guitarras), David Casal (baixo) e Álex 
García (batería).