Uxia e Narf – Baladas da Galiza Imaxinaria

11,95 Iva incluido

Dous grandes da música galega, UXÍA e NARF, publican en xuño de 2015 o seu primeiro disco conxunto: ‘Baladas da Galiza imaxinaria’.

Serie: 2 J
Formato: CD
Música: FOLK GALLEGO
Ref: IDS 0174
Sello: Inquedanzas Sonoras

SKU: 8429085263452 Categoría:

Descrición

Baladas da Galiza imaxinaria

Dous grandes da música galega, UXÍA e NARF, publican en xuño de 2015 o seu primeiro disco conxunto: ‘Baladas da Galiza imaxinaria’.
Trátase dun proxecto que nace do talento e da sensibilidade de dous artistas que en cada balada abren portas e ventás aos corazóns inquedos e aventureiros. Eles cóntano así:
Na primavera de 2014 cantamos xuntos por primeira vez nunha xira por Chile, Arxentina e Uruguai. Polo camiño, fomos descubrindo que os nosos xeitos, tan diferentes, harmonizaban na sinxeleza, no gusto pola experimentación e no espírito inquedo e viaxeiro. Foi así como recreamos, man á man, algunhas das cancións fundamentais dos nosos respectivos repertorios e outras novas que agora ven a luz.
Entre conversas, encontros e concertos fomos debullando e compartindo a idea dun espazo emocional, que vai alén do puramente xeográfico, que latexa vivo e fértil, no interior de moitas almas espalladas por todo o mundo. Persoas que non beben necesariamente das mesmas fontes culturais, ou que nin sequera son galegas ou de ascendencia galega. Amantes do noso, sen máis. Habitantes da Galiza Imaxinaria.
Gustaríanos que escoitarades as nosas ‘Baladas da Galiza Imaxinaria’ como un convite a transitar por este espazo inacabado do que tamén sodes parte. E que vos preste a viaxe.

Uxía e Narf

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Uxia e Narf – Baladas da Galiza Imaxinaria”