¡Oferta!

Ultraqans – Ultraqans

Formato CD

3,95

En stock

En stock

Descripción

Cinco experimentados músicos, inzados de retranca e bo humor que só queren xolda, paixón e frenesí, presentan agora o seu disco.
Os Ulträqäns fabrican un punk‐folk de ciencia ficción, frenético e rotundo, que soa familiar aos ouvidos educados nas tabernas pero nos que os sintetizadores e as bases rítmicas do funk e do ska están presentes ao longo do seu potente directo.
Excompoñentes ou compoñentes de grupos coma Os Diplomáticos de Monte Alto, Ruxe Ruxe, Os Papaqueixos, Alberto MBundi e a Turma Angologalaica, Skupe Skapa, GS 21, Deixa que xa!, Tres Trebóns, ou a Banda Tic Tac, por exemplo, inspíranse de composicións tradicionais de Bulgaria, Rumanía, Rusia, Armenia, Irlanda,e por suposto, Galicia, para fusionalas ate acadar unha mestura particular, fiel á consigna de levar as músicas de raigame tradicional ás “discotascas”… Este CD, aquí presentado, composto por 17 temas, ilustrado polos impresionantes debuxos de Javi Prieto (debuxante Coruñés) ben podería pasar por unha banda deseñada ilustrada con música. Cada debuxo expresa dun xeito impactante os temas do disco.
Os Ulträqäns son:
Aarón Bouzón:………. frauta travesa, Ewi4000s, whistles e gaita
Antón Díaz: ………….. voz, baixo e contrabaixo eléctricos
Fran Amil:…………….. batería, voz
Tino Vilaro:…………… guitarra
Tomás Saiz: ………….. acordeón piano
Como dirían os Ulträqäns, a modo de saúdo ao público:
Que o desfruten……………………………….  Chipirixouuuuuuubaaaaaa!