Tor – Folk Celtic da Galiza

11,95 Iva incluido

Formato: CD

Música: Folk galego

SKU: 8424295370198 Categoría: Etiqueta:

Descripción

Grupo formado por Cástor Castro (frautas de madeira), Félix Castro (anglo concertina, acordeón diatónico, gaita), Álvaro Iglesias (contrabaixo) e Xosé Liz (bouzouki).

Xunto coa liña melódica guiada principalmente por instrumentos da tradición galega (gaita, frauta, acordeón) e outros máis atípicos como a anglo concertina, a parte harmónica a completan o buzuqui e o contrabaixo, conformando un son acústico, reelaborado dun xeito concordante cos traballos que se fan hoxe en día no folk atlántico europeo.
O repertorio componse de popurrís ou sets de temas instrumentais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. A principal fonte é o amplo arquivo propio de partituras e discos antigos, así como as gravacións de campo realizadas polos seus membros, buscando temas orixinais de frauta de madeira e acordeón diatónico, ou de estilos de toque de gaita de comarcas pouco coñecidas como A Limia, Frieiras, e Navia entre outras.
Sets de muiñeiras, alboradas, pasacorredoiras e piruxaldas, sucédense con outros temas máis pausados como alalás, valses ou mazurcas, tan propias do sur ourensán.

TEMAS

1.- SOBRADO 4.26

2.- ALBORADAS 3.16

3.- CAROLINA 4.20

4.- PASACORREDOIRAS 5.25

5.- VALSES 3.40

6.- FOLGOSO 5.25

7.- REPIMPÍN

8.- ILUSTRACIÓN

9.- VILAR 5.20

10.- ARGOMOSO 4.28

11.- CACHOUPIÑO 1.55

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Tor – Folk Celtic da Galiza”