Sérgio Tannus – Son Brasilego

Formato CD

9,95

En stock

En stock

Descripción

Tras numerosos traballos e colaboracións con outros artistas, para este 2012 proponnos o proxecto do seu novo disco “SON BRASILEGO”. Un proxecto de grande porte e numerosos colaboradores, onde estará apoiado como sempre pola formación base que conforma o seu trío. Acompañarase tamén en “SON BRASILEGO” de todos aqueles artistas galegos que o coñeceron e compartiron con el grandes momentos musicais en todos estes anos que leva vivindo en Galiza. Outros músicos portugueses, brasileiros, angolanos…. cos cales tamén ten compartido estos anos de traxectoria artística tamén estarán presentes neste traballo, constituíndose así unha auténtica ponte musical entre os países da lusofonía, especialmente entre Galiza e Brasil.