Roger de Flor – Os Silvestres

11,00 Iva incluido

SKU: 8424295351920 Categoría:

Descripción

ROGER DE FLOR presenta a: OS SILVESTRES

Os Silvestres non son un grupo, son unha forma de vida (N.Vidal, xornalista e comentarista musical).

No ano 2009, con motivo da xira de presentación do documental “Roger de Flor: Naturalidade Silvestre”, nace esta banda coa fin de acompañar ao mencionado compositor fenés.

Nembargantes, co paso do tempo, vai adquirindo identidade propia gracias á retranca especial do Marqués das Vinhas e o seu charango, a mestría coas escobillas do gran Sergei, a bonhomía humana e instrumental do Sr. Cabezón e a “naturalidade silvestre” de Roger de Flor, ademáis de colaboracións estelares puntuais como Magín Blanco, O Neno Elliot ou María “Faltriqueira”.

No seu primeiro longa duración “Roger de Flor presenta a : Os Silvestres”, con composicións propias e adaptacións da música popular, como “Collendo cogumelos” ou “Entusiasta seguidor da moda”, entre outras, que conforman os seus apaixoantes directos.

Ademáis, sacarán un novo videoclip para promocioar o seu traballo, despóis do exitoso “Non penso volver ver a tv”. A canción elexida foi “Hai un lugar no norte”, e foi gravado na liña ferroviaria do cantábrico, Feve. Estrearase mundiamente antes do verán do 2013.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Roger de Flor – Os Silvestres”