Rogelio Groba (intérprete José Núez Ares) – Gallaecia

Formato CD

11,95

En stock

En stock

Descripción

ROGELIO GROBA, Gallaecia (Música para piano) Interprete, JOSÉ NÚÑEZ ARES
Recolle algunhas das composicións máis interesantes de Rogelio Groba para piano, interpretadas polo pianista galego afincado en Holanda José Núñez Ares. Ao longo de todo o disco, Groba recurre en varias ocasións a temas extraídos directamente do folclore galego (ou inspirados por este) para revestilos con roupaxes novas na procura da súa elevación artística. Tal é o caso do ciclo “Galecia”, “Soatiña” ou a “Pandeirada de Laxe”; mesmo do libro “Tipoloxías”, ideado para a ensinanza deste instrumento nos conservatorios galegos empregando temas esencialmente etnográficos de dificultade gradual.