Rafa Crespo – Entre Fusco e Lusco

14,95 Iva incluido

Formato: libro + CD

Música: Tradicional

SKU: 9790692302605 Categoría: Etiqueta:

Descripción

O músico vigués Rafa Crespo, presenta o quinto libro/CD da colección “20 pezas para gaita galega”. Neste caso, conta tamén co habitual equipo de colaboradores de Ton e Son Editorial: Rubén Troitiño (ChisPún!Estudios), Alberto Costas e Xavier Balsas.

Trátase dunha recompilación de pezas compostas polo propio Rafa Crespo. Transcritas para gaita solista, dúo, trío ou con acompañamento de outros intrumentos (piano, clarinete ou saxo). Algunhas preséntanse con cifrado harmónico para ser acompañadas con outro tipo de instrumentos.

No CD podemos atopar unha selección de 8 temas, dos 20 que presenta o libro, gravados por Rafa Crespo, Xacobe Bobillo e Xurxo Gándara.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Rafa Crespo – Entre Fusco e Lusco”