Pedraquentiña – Cantares

Formato CD

11,95

En stock

En stock

Descripción

Da recollida de pezas dun histórico serán celebrado na parroquia de Toutón (Concello de
Mondaríz) en 1995 naceu, xa que logo, como baúl para ben de conservar o tesouro da tradición
renacido, o grupo de cantareiras de Toutón.
O grupo mantívose no tempo con tesón e con reviravoltas, e coa coraxe de avoas, nais e fillas,
tomando acubillo do que se deu en dar o mellor serán do mundo. Logo xa, por volta do ano
2008, salienta propiamente a figura do mestre Mingos Lorenzo. El coidou e aloumiñou o
tesouro, botou fe, certamente, na crenza dunhas mulleres, que teimaban en recuperar as
melodías e máis as letras daquelas festas aló polos anos corenta e cincuenta, cando ían coidar
do gando e pasar o día entre xogos e bailes. Viñan de nacer, para o mundo de fóra e máis para
coidar do fío da tradición, as cantareiras Pedraquetiña.
Pedraquetiña decidiu tomar como seu o nome dun lugar máxico da parroquia de Toutón, onde
a pedra repica ao son dondo de campás.
O seu primeiro disco “Cantares” preséntase querendo facer un agasallo a todas as persoas
que senten na música tradicional o mellor medio de convivencia e divertimento á vez que
axuda a manter viva a inquedanza pola nosa cultura musical.
Nos seus concertos en directo preséntanse con unha formación de 14 persoas na que
predomina o feminino: 10 cantareiras, máis dúas gaitas, tambor, bombo e acordeón.
O seu repertorio está composto polos temas que inclúe o novo disco, no que se inclúen pezas
recollidas da tradición popular, arranxadas especialmente para este traballo, e outras de
composición adaptadas a estética de Pedraquetiña.
1- Á miña aldea eu canteille
2- Muiñeira da Rula
3- Mar de Vigo
4- Valse de Toutón
5- Dóeme o corazón
6- Muiñeira Floreada
7- Valse das Cunchiñas
8- Muiñeira da María
9- Xota da Peregrina
10- Muiñeira dos Amoríos
11- Xota das Pedraquetiña
12- A Balastreira
13- Baixo do piñeiro verde
14- Despedida