Pablo Castaño Quartet – A-La-Láa

14,95 Iva incluido

Formato: CD

Música: JAZZ  

Pablo Castaño Quartet presenta o primeiro disco en solitario deste saxofonista galego acompañado dun trió de luxo e coa colaboración especial de Ugia Pedreira.

SKU: 8436564937551 Categorías: ,

Descrición

A-la-láa, un novo proxecto jazzístico que toma como punto de partida os cantos libres da música tradicional galega como os alalás e as coplas.

O álbum, foi gravado por Pablo Barreiro ao vivo durante dúas sesións de improvisación musical en xaneiro de 2018 e masterizado en Nova York polo reputado produtor Kastuhko Naito.

Castiñeiro está acompañado na gravación de dúas dos nomes máis relevantes da escena galega, como son o pianista Yago Vázquez, residente en Nova York, e bateríao Iago Fernández. A eles súmase o bo facer do contrabajista arxentino Demian Cabaud e da cantante Ugia Pedreira, que está presente en dúas dos temas do disco.

Pablo Castaño é un dos grandes nomes do jazz en Galicia, cunha traxectoria de máis de 20 discos, aínda que este é o primeiro que lanza co seu nome, así como a súa primeira aproximación á música tradicional galega. O álbum parte de fontes históricas como o Cancioneiro Musical de Galicia, de Casto Sampedro, e tamén de recollidas contemporáneas como o Cancioneiro Popular Galego da etnomusicóloga suíza Dorothé Schubart.

O cuarteto de Pablo Castaño é de tradición jazzística composto por saxofón, piano, contrabaixo e batería. Influenciado sen dúbida polos cuartetos e pequenos ensembles esenciais da historia do jazz liderados por instrumentos de ventos; desde Lester Young, Charlie Parker, John Coltrane e un longo etc..blo Castaño Quartet presenta ou primeiro disco en solitario deste saxofonista galego acompañado dun trió de luxo e coa colaboración especial de Ugia Pedreira.

A-a-láa, un novo proxecto jazzístico que toma como punto de partida vos cantos libres dá música tradicional galega como os alalás e  as coplas.

TEMAS

01 – O pé que baila na Moa

02 – Alalá do vento

03 – Non te enamores , meniña

04 – Castaño in Brown

05 – Auga para o Seituireiro

06 – De rosa a negro

07 – Tempo perdido

08 – Alalá da estrela e da lúa

09 – O Ferreiro

10 – Shiny falls

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Pablo Castaño Quartet – A-La-Láa”