Oscar Ibañéz – Alén do mar

Formato CD

14,95

En stock

En stock

Descripción

OSCAR IBÁÑEZ – Alén do Mar

Oscar Ibáñez presenta o seu novo traballo “Alén do Mar”, unha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade , no que, ademais da participación dos músicos da súa banda “Oscar Ibáñez & Tribo”, contou coa colaboración de músicos galegos, navarros, vascos, andaluces, irlandeses, cubanos, arxentinos, venezolanos e brasileiros.

Con esta nova proposta Oscar Ibáñez pretende irmandar musicalmente as culturas atlánticas usando a música galega como fío condutor nunha mestizaxe musical fresca, moderna e innovadora na que predomina a sonoridade celta.

As diversas viaxes que Oscar Ibáñez realizou nos últimos quince anos por máis de trinta países de Europa, América latina e EEUU influíron decisivamente na maneira de definir unha proposta musical cada vez máis aberta na que amosa as afinidades musicais dos dous continentes.

Oscar Ibáñez, inspirado nas músicas de ida e volta e na temática da emigración galega en América latina fundamentalmente, desenvolve un labor a medio camiño entre a investigación e a creación, co fin de realizar unha fusión sen límites, que ten coma resultado un novo e único son.