Os Irmandiños de Vincios – Monte Galiñeiro

11,95 Iva incluido

SKU: Sen Codigo32 Categoría:

Descripción

Música tradicional en movemento.  Dun tempo, dun país. Monte Galiñeiro. Símbolo laico; serra da fraternidade. Melodías doutrora e novas creacións que ocupan máis de media memoria. Irmandiñas e irmandiños en formación: gaitas, vento, percusión, acordeón. Voces do Galiñeiro para oficio da estirpe: ourizantes lasqueando xido o aghuzar o argina lasquean a zanco de tisco. Javi Costas compoñendo no garaxe. Música do XXI que vén de lonxe e cheira a sempre. La Polar, Habana, 1938, Daniel Castelao e Luís Soto, cen mil ouvintes nun mitin para rematar coa guerra, a metade negros. Despois o baile, alí mesmo ou na Tropical, como no Uruguai ou na Arxentina; a gaita de barquín de Los Miñoranos con redobrante e bombo; na comarca, os de Donas, terribles; os de Camos, leóns; Verderoles, Miúdos, Os Airiños. Música de baile para vencer a nostalxia. Coma hoxe, tempos difíciles, tamén de emigración. Os nosos Irmandiños, non; eles eiquí darnos festa, correr a morriña, superar o fracaso, gañar o futuro. Música tradicional en movemento. Viva Vincios!
Xosé M. García Crego
Priegue do Val Miñor. 1º de Maio. 2012

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Os Irmandiños de Vincios – Monte Galiñeiro”