Orquesta Garufa Blue Devils Big Band con Sito Sedes – Siboney

11,95 Iva incluido

Formato: CD

Música: Orquestas de Galicia

Esta big band conta coa colaboración de Sito Sedes para pór a voz ao repertorio máis hispanoamericano da orquestra, coa que se gravou este disco que acaba de ver a luz .

SKU: 8302052019132 Categoría: Etiqueta:

Descripción

Sito Sedes, é sen dúbida, xunto ao desaparecido Pucho Boedo, unha das voces máis recoñecidas e respectadas do noso país. Artista atemporal e produtor televisivo durante varios anos en TVG, forxouse por méritos propios un nome no mundo da música que transcende estilos e épocas.

O proxecto artístico que presentan o propio Sito e a orquestra, é un espectáculo deseñado exclusivamente para traer ao noso presente as sensacións e sons que o público daquel entón podía percibir nas diferentes salas e clubs que programaban case a diario música en directo.

Arranxos propio, unha concepción diferente do sentido do espectáculo e a inconfundible voz de Sito Sedes, dan forma a Siboney.

Neste disco pódense escoitar algúns dos clásicos da música suramericana que popularizou no noso país este singular artista e cancións das grandes bandas que lideraban por exemplo Xavier Cugat ou Benny Morei.

TEMAS

1. TRISTE PAPEL
2. PERFIDIA
3. MAMBO Nº8
4. SI TE CONTARA
5. CAPULLITO DE ALELÍ
6. SIBONEY
7. SABOR A MI
8. PACHITO E CHE
9. BLUE DEVILS MAMBO
10. OBSESIÓN
11. QUE RICO VACILÓN
12. CEREZO ROSA
13. PIEL CANELA
14. SE VA EL CAIMÁN

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Orquesta Garufa Blue Devils Big Band con Sito Sedes – Siboney”