Obal – Baile en Massó

11,95 Iva incluido

Formato: CD

Música: FOLK

SKU: 8424295366412 Categoría: Tag:

Descrición

Obal trae a súa música dende as Rías Baixas en Galicia, onde nace este proxecto pensado e creado dende o baile. Xa nos seus comezos, no 2014, a música folk e a danza únense en Obal, seguindo unha corrente en auxe en toda Europa: o bal-folk. Cun repertorio tradicional e tamén novas composicións propias e doutros autores. Bourré, xota, scotish, mazurka, brandle, muiñeira, circassian, etc.OBAL son:Jaime Rebollo,Atraído pola música tradicional galega iníciase na apredizaxe da gaita, e máis tarde doutros instrumentos de vento populares, participando en grupos de baile e bandas folk coma Celme, Paidacana, Liorna, Vilarachos, Banda Baile Asalto, Sondeseu,… Atraído pola son hipnótica da zanfona comeza a súa actividade como luthier, abrindo o seu obradoiro no 2004, ó tempo que aprende a tocala con diversos mestres, tanto galegos como foráneos, descubrindo outras tradicións musicais europeas.

Xunto con Iván Costa e Diego Langarika crea o proxecto Obal, co que afonda neses ritmos e bailes centroeuropeos.Iván Costa, Como gaiteiro foi gañador dos concurso máis importantes durante a década dos 90, entre eles destaca o trofeo MacAllan en Lorient.

Ademais ten participado en máis de 20 gravacións como intérprete e compositor, dando o colofón coa gravación do seu primeiro disco en solitario, Ávrego (Edicións do Cumio). A súa música forma parte do repertorio de importantes solistas do folk galego e tamén dos estudos do Conservatorio Profesional de Vigo.

Participou en diferentes espectáculos de música e danza. As súas partituras son editadas en traballos de investigación e divulgación da música tradicional galega. Na actualidade a zanfona ocupa a maioría da súa vida artística en proxectos como a Orquestra Folk Sondeseu e Taghaitaí.Diego Langarika, É un músico de folk galego, vangardista no xeito de interpretar a música de raíz. Guitarrista, mandolinista, é principalmente coñecido co bouzouki e tamén coma artesán de instrumentos, un auténtico trobador do futuro pois constrúe el mesmo os instrumentos que interpreta como aqueles facían.

Foi fundador de grupos como Xerfa, Tridentes ou a Banda das Perchas. Ten colaborado con Coanhadeira, Arxe, Banda Sinfónica de Galicia ou Dominic Graham School. Na actualidade forma parte da Orquestra folk Sondeseu, Ghaveta, NaRúa e o duo Beatriz Martínez/Langarika.

TEMAS

01 – Scotex

02 – Branles de noirmouitier

03 – Danza das baleas

04 –  Arredor arredor

05 – A congorza

06 – Susshine

07 – Baile en Masó

08 – Bourrée de montford

09 – Lume de carburo

10 – Os vilares

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Obal – Baile en Massó”