O Ribeira de Louzarela Brindador da dentro

Formato CD + LIBRO

19,95

En stock

En stock

Descripción

O Ribeira de Louzarela. Brindador da dentro

Kike Estévez, Pablo Bernárdez
Antonio Río Montero, máis coñecido como O Ribeira de Louzarela, é un
dos últimos executores do brindo, o xénero de improvisación oral por
excelencia das montañas orientais galegas.
A través do libro-CD O Ribeira de Louzarela, brindador da dentro aproximámonos á microhistoria deste último brindador de Pedrafita do Cebreiro abrindo a porta a toda unha tradición dos cantos dialogados de voda. Con texto do filólogo e improvisador oral Kike Estévez e a análise musical de Pablo Bernárdez, este libro pertence á colección Chave Mestra d’aCentral Folque.

Libro-CD
Colección: Chave Mestra. Ref: CM16
Páxinas: 192
Fotografías orixinais: 40
Idiomas: galego
Inclúe partituras
ISBN 978-84-949511-5-2