O Quinteto Monterey de Jose Posada – Nos Xardíns da Tropical

9,95 Iva incluido

Formato: CD

Música: Tradicional

O Quinteto Monterrey de José Pousada tocou fundamentalmente no marco das sociedades españolas da Habana, como o Centro Asturiano ou A Artística, nos xardíns das cervexerías A Tropical, A Polar ou O Cristal, nos banquetes e bailes que organizaban os domingos sociedades galegas como Fillas de Galicia ou Naturais de Ortigueira, entre outras.

Esgotado

SKU: 8437008967028 Categoría:

Descripción

No repertorio incluían todo tipo de ritmos bailables de orixe galega, hispánico, cubano e norteamericano, así como bandas sonoras de películas de moda do momento.

O repertorio do Quinteto Monterrey que chegou ata nós a través de Rodolfo Pousada, está formado por un conxunto de 54 pezas con ritmos galegos, hispánicos, europeos e americanos. Os xéneros recolleitos na colección son: fox-trot, habaneiras, himnos, marchas, mazurcas, muiñeiras, pasodobres, polcas, tangos, valses e xotas; entre eles o xénero rei é o pasodobre con 32 pezas.

Na gravación tentouse representar a totalidade do arranxo musical presente nas partituras orixinais do conxunto, independentemente de que o Quinteto Monterrey empregase habitualmente formacións instrumentais máis reducidas. Así pois, gravouse cada unha das pezas co seis instrumentos melódicos: gaita, clarinete, cornetín substituído por trompeta, saxo 1º, saxo 2º e saxo tenor, e para a base rítmica empregouse a caixa e o bombo con pratos.

O disco foi gravado no Teatro Principal de Pontevedra durante os días 6, 7 e 8 de xaneiro e 8 de abril de 2008

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O Quinteto Monterey de Jose Posada – Nos Xardíns da Tropical”