Nastasia Zürcher – Beat

11,95

Agotado

Agotado

Descripción

Composto integramente por obras propias, e baixo a produción musical e mirada do produtor e músico-compositor galego Adrián Saavedra, Zürcher presenta os seus novos temas de estilo Neo-Soul, R&B Contemporáneo, Afro-Pop-Folk e Músicas do Mundo.

Sobre unha produción elegante, grande e coidada repousa a inconfundible voz de Nastasia en 10 cancións de onda moderna e groove descarado, nas que a percusión, instrumentación e ritmos son un potente motor deseñado con sumo detalle en busca de novos enfoques, sonoridades e texturas.

Rodeada de músicos de primeira división, e con letras- mensaxes que son Mantras dunha actitude construtiva e reflexiva.

Unha carreira profesional baseada na calidade, o bo facer e a liberdade creativa absoluta, perfilándolle a esta artista unha proxección nacional e internacional coa que compartir a súa persoal maneira de sentir e entender a música.

TEMAS

1.- FLUIR
2.- EV´RYBOY WANTS
3.- FIND ME (WOULD YOU REALLY?)
4.- STRONGER
5.- OUR CONSTELLATION
6.- DEEPEST SOULS
7.- DÉLICIEUX
8.- NO TIME
9.- ESPERTOS
10.- LOVE