Milladoiro – Atlantico

15,95 Iva incluido

Formato: CD

Música:  GALEGO 

Velaquí  Milladorio. O Milladoiro de sempre e, ao mesmo tempo, un Milladoiro renovado, permanentemente renovado, consonte quen sabe que a identidade, que se constrúe con afouteza, intelixencia, talento e traballo, moito traballo, debe ser algo a revisar constantemente, revisitar deberíamos dicir, para que, como os vellos licores, decante e dea as melores esencias.

SKU: 8424295364210 Categoría:

Descrición

Sinfonía en doce tempos. Os antigos dicían que o Mar Maior empezaba fóra de puntas, alén dos freus e das illas, o Mar Antigo, horizontes abertos para respirar, mais tamén para frontar o risco e a aventura, o camino, que no noso caso é o roteiro do sol, dende as brañas mariñás a Terranova, dende Ortega ao Támeses e o Gran Sol, o Mar cético, co gaiteiro na ponte do navío e as gaivotas a sinalar o rumbo, coma aquel Xoán de Boimorto na nau de don Bartolomeu, nos días da Gran Descuberta.
Velaquí Milladoiro que, una vez mais, nos invita a viaxar alén de nós, no mar da memoria e do tempo, o mar da saudade, esa luz diferente que marabilla o mundo e fala de nós dende as barandas derradeiras.

Cancions
Brañas mariñáns
Abrente en Ortegal
Solsticio de inverno
Gaivota
Terranova
Mar antigo
Sweet thamesflow softly
Danza De Sta. Maria de Torás
Terra mollada
Gran Sol
Traiñas na ribeira
Tuia

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Milladoiro – Atlantico”