Maruxa das Cortellas – Recordando a Galicia

19,95 Iva incluido

Formato: LIBRO-CD

Música: Popular Galega

Falar de Maruxa das Cortellas é falar dunha das grandes tocadoras de pandeiro do país. Foi, así dicilo, a última mohicana.

SKU: 9788494059896 Categoría: Etiquetas: ,

Descripción

Foi a única muller da súa xeración que tivo interese en apender a tocar o pandeiro ao xeito das antigas da aldea. De non ser por ela, esta tradición non tería chegado ata nós.

A súa figura foi clave na recuperación dos estilos interpretativos arcaicos. A raíz das súas aparicións no Luar a finais da década dos noventa e da súa participación asidua nos seráns urbanos, xurdiu un grande interese no seu xeito de tocar o pandeiro.

Daquelas facíase un uso moi diferente do instrumento no contexto das cidades, os coros folclóricos e os grupos de música popular tocaban o que se coñece como “pandeiro de peito”, cunha técnica e unha morfoloxía moi diferentes.  Maruxa ensinounos que había moito máis. Foron moitos os compiladores e músicos que petaron na súa porta para aprender a súa técnica eo seu repertorio.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Maruxa das Cortellas – Recordando a Galicia”