Manuela Cortizo Medal – Cantadeira de barro de Arén

15,33 Iva incluido

SKU: 9790979069207 Categoría:

Descripción

CANTADEIRA DE BARRO DE ARÉN, (Manuela Cortizo Medal)

 

Este novo traballo que nos presenta Xosé Lois Foxo contén un estudo monográfico da figura da cantareira cerdedense Manuela Cortizo Medal, que vive no lugar de Barro de Arén, comarca de Terra de Montes (Pontevedra); zona de grande tradición de canto e de instrumentos coma a gaita e o acordeón. Destes montes saíron músicos e conxuntos tan importantes da nosa música como “Os Soutelos”, que incluíron nas súas gravacións de 1928 para a casa Regal a súa “Foliada de Barro de Arén”, Adelino Pichel “Gaiteiro de Sorribas”, o grupo “Os Diplomáticos do Acordeón”, ou o “Grupo de Pandereteiras de Barro de Arén”, que emerxeu da sensibilidade de mulleres como a Señora Manuela e da súa necesidade de compartir a súa arte. A cantareira, familia e amigos.

Manuela Cortizo Medal é unha muller de 82 anos que traballou no campo dende que era unha nena e que aprendeu a tocar a pandeireta e cantar un amplísimo e variado repertorio, que xa viña de moi antigo, a través da súa tía Mariana Cortizo. A nosa cantareira mantivo eses cantos inalterables na súa memoria ó longo da súa vida sen ser moi consciente, de que ela é o último elo da cadea da tradición oral do canto de Terra de Montes, que agora e grazas a este traballo fica perpetuado para as futuras xeracións.

A extraordinaria voz da Señora Manuela e o seu característico xeito de cantar fíxoa moi popular na súa zona polo que era requirida en toda canta festa había así coma tamén en programas de radio e televisión. En recoñecemento a súa traxectoria distintas institucións outorgáronlle premios e rendéronlle homenaxes.

No seu repertorio figuran cantos de ronda, xotas, muiñeiras, mazurcas, cantos de oficios e romances que grupos como “Treixadura”, “Tear de Llerena” ou ”Leilía” incorporaron e popularizaron na actualidade. Canta fundamentalmente en galego mais unha parte do seu repertorio é en castelán, posiblemente traídos polos labregos que ían á sega a Castela, e máis tarde, pola influencia da radio e da televisión.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Manuela Cortizo Medal – Cantadeira de barro de Arén”