Maghua – Matria

11,95 Iva incluido

SKU: 8424295354921 Categoría:

Descripción

                                            MAGHÚA. MATRIA

Maghúa propoñen co seu Matria unha viaxe ao tempo no que as avoas contaban, cantaban e falaban cos seus netos mentres debullaban e moían tardes enteiras á calor da cociña…

Once temas tradicionais recuperados de mulleres, que conservaron o idioma cando o de noso estivo prohibido,xunto ás cantareas coas que se divertían e coas que nos agasallaron, a facenda familiar e, aínda que semelle incríbel, a cordura.

Desde Bergantiños ao sueste da provincia de Ourense, pasando polo interior da de Pontevedra. Solto e agarrado, para suar e arrimarse, para gozar dos sons e melodías de antergo, sen adobíos.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Maghua – Matria”