Luar na Lubre – Mar Maior

11,95 Iva incluido

SKU: 5053105289752 Categoría:

Descripción

 Luar na Lubre

“Un traballo que percorre os vellos lazos de unión de Galicia coa verde Irlanda pouco despois de que o pasado 2011 celebrase o seu 25º aniversario”.

MÚSICA MEDIEVAL
A música medieval ten neste novo disco, editado por Warner Music Spain, un importante protagonismo, sobre todo a galaico portuguesa, aínda que tamén están presentes as músicas tradicionais galegas e atlánticas, así como as composicións propias que axudan a elaborar unha banda sonora inspirada no ‘Leabhar Ghabhala Eireann ou ‘Libro das Invasións de Irlanda’, escrito polos monxes irlandeses no século XII, sendo un libro de referencia da súa historia, e que coincide coa época de máximo esplendor da lírica galaico portuguesa.
Agora, con ‘Mar Maior’ a banda galega comeza unha nova xira que se inicia no Círculo de Belas Artes de Madrid, (do 6 ao 9 de Xuño). Seguiranlle outras cidades españolas como Murcia, Valladolid, Xirona, Barcelona, Segovia, Córdoba, Zaragoza, Burgos, Cádiz, Sevilla, Torrelavega (Cantabria), Logroño, Palencia e Cáceres onde finalizarán o 3 de novembro no marco do Festival Irish Flead.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Luar na Lubre – Mar Maior”