Leilia – Consentimento

Formato CD

9,95

En stock

En stock

Descripción

A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandereitas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.

ConSentimento é unha homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación, e a transmisión da tradición oral de Galicia.

Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeiras, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que desde case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.

Coa inestimable colaboración do músico e arreglista compostelán Xoán Porto, propomos neste quinto espectáculo unha concepción musical acorde a unha nova realidade. Un traballo no que apenas tres instrumentos: guitarra, acordeón e contrabaixo.

LISTADO DE TEMAS: 1. Bonaval  2. Por riba do medo  3. Cinsas  4. Corazón de sal  5. A voz das EVAS  6. De rondón  7. Cortellas  8. Voz das amigas  9. Coiro de cacique  10. Corren os amores  11. Noite da festa  12. Como un soño que pasa

13. Jota de Eva      Â