Ivan Vilela & Pablo Castaño – Mat[R]iz

19,95 Iva incluido

FORMATO Vinilo

SKU: 8436605990255 Categoría:

Descripción

O encontro de Ivan Vilela, virtuoso da viola de dez cordas – viola caipira ou aínda viola brasileira– e un dos artistas máis influentes da música instrumental brasileira, con Pablo Castaño, nome referencial do novo jazz galego, revélasenos en Mat[R]iz, unha das principais novidades no panorama discográfico galego do ano. A dupla achega o seu toque persoal e orixinal ás músicas do mundo transitando con naturalidade nas súas creacións entre os contextos erudito e popular, a improvisación do jazz, o feitizo dos ritmos da música brasileira e o lirismo enérxico do canto popular galego.

A suavidade e destreza destes músicos mergulla ao público nunha atmosfera de espiritualismo sonoro onde se suceden melodías con sabor poético comprometidas coas sonoridades tradicionais. Facendo confluír dúas tímbricas infrecuentes, ofrecen versatilidade, dinámica interpretativa e variacións estéticas dotadas dunha sorprendente cohesión. Esta mestura de sons contemporáneos e rescate da tradición vese reforzada coa colaboración especial das poderosas e cálidas voces de Felisa Segade e Gabi Reboredo

TEMAS

1 CIDADE DO SOL

2 PANDEIRO BEAT

3 -UM ABRAÇO AO BOB DYLAN

4 AFROBO

5 SAGA

6 MIXORUMBA

7 MULHER FERRENHA

8 ALGODÂO

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Ivan Vilela & Pablo Castaño – Mat[R]iz”