¡Oferta!

Irtio – Vértice

Formato CD

3,95

En stock

En stock

Descripción

Vórtice, este é o título co que a banda de folc galego, Irtio, retoma a súa actividade discográfica despois dunha pausa de case sete anos. Cunha formación máis asentada e experimentada, anque cunha liña de traballo e procedementos similares a Mar de Pedra, Irtio incorpora unha novidade substancial: a voz masculina de Rodrigo Cuevas. Este folc postmoderno con sabor atlántico, ven a continuar aquel son anovador de Mar de Pedra co que sorprenderon no ano 2003, sen deixar de lado as raíces tradicionais. Este remuíño de sonoridades amalgamadas, densas tímbricas e as máis elaboradas sutilezas son o froito de anos de laborioso traballo e reflexión, no que se amosan a sensibilidade e a particular forma de entender a música tradicional e as músicas actuais. Neste disco atopamos dous colaboradores de luxo, que veñen a elevar aínda máis o nivel interpretativo de Vórtice. Trátase dun dos violíns clásicos máis importantes deste país, Leonardo Blanco, profesor de violín del CMUS Superior de Vigo e asiduo colaborador nos directos de Irtio, e dos saxofóns de Ismael Porto, profesor de CMUS profesional de Ribadeo. Vórtice, ese fluír ascendente de aire, representa a volta á escena dunha das bandas de folc máis importantes da última década. Este novo proxecto supón ademais un punto de inflexión no futuro de Irtio, xa que logo se converten nos produtores da súa música.

 

1.- Rodas

2.- Pequeniña

3.- Jota para Agolada

4.- Xerfa

5.- Ai, Ricardo

6.- Danza dos petos

7.- Catro Vellos

8.- Cacharelas

9.- A polca do ascensor

10.- Costureiriña