Fonteliño – Fonteliño

Formato CD

11,95

En stock

En stock

Descripción

No ano 2002 un grupo de amigas, cunha afección compartida pola canción galega, pensaron na posibilidade de formar unha agrupación folclórica que lles permitise cultivar esa rama da nosa cultura popular. A idea callou de seguido.
Cando buscaban un nome para diferenciarse doutros grupos, alguén propuxo o de Fonteliño. Soaba ben e foi aceptado. Fonteliño é un lugar entre as parroquias de Cans e Atios, por onde pasa un pequeno regato que vai desembocar no río Louro. Cando pasa polo Fonteliño faino entre pedras nuns rápidos, e o seu paso por elas é unha constante cantiga.