Fernando Fraga – Folcromías

11,95 Iva incluido

SKU: 8424295353924 Categoría:

Descripción

FERNANDO FRAGA “Folcromias”

Fernando Fraga Traba (Lires, 1968) ten xa disco propio. Chámase Folcromías e custa pensar que sexa o primeiro que edita en solitario, dada a paixón pola música que demostra a diario e unha xa extensa carreira da man de varios dos grandes como Carlos Núñez, Pancho Álvarez ou o gaiteiro Óscar Ibáñez, con quen segue tocando na actualidade.

Esta vez, as pezas seleccionadas son obras de compositores clásicos como Bach ou Astor Piazzolla unidas a creacións orixinais para acordeón clásico provenientes de países do leste e o norte de Europa, como Polonia, Ucraína ou Finlandia. Ademais, inclúe un arranxo propio da melodía tradicional de Ponteceso, Foliada de Anllóns, e unha obra orixinal do propio Fraga para bandoneón, Na costa, un intre,… que está escrita en homenaxe á Costa da Morte.

Fraga Traba iniciou a súa carreira en Madrid, onde empezou como profesor e posteriormente trasladouse a Ourense. Fai xa case tres lustros que dirixe a Escola de Música de Cee, na que agora forma con outros socios unha cooperativa que tamén se encarga da xestión económica. Todo iso compaxinado coas clases de acordeón que imparte na Coruña e coa súa colaboración en diferentes proxectos musicais. Ao longo dos últimos anos tocou, sobre todo, con referentes da música folk, ademais de participar en bandas sonoras e orquestras sinfónicas.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Fernando Fraga – Folcromías”