Emilio Cao – Fonte Do Araño

21,95 Iva incluido

Formato: VINILO

Música: FOLK 

No ano do punk, Galiza tamén viviu a súa particular revolta musical. Pero foi de signo distinto.

SKU: 4040824087487 Categoría:

Descrición

Emilio Cao publicaba o seu primeiro elepé, o mítico Fonte do Araño, e a música galega non volveu ser a mesma. O celtismo entraba pola porta grande e a relectura do folclore tinxíase de rock progresivo. “Este disco precisaba ser reeditado”,

Fonte do Araño desapareceu de circulación contra finais dos anos 80. Malia facer parte da memoria sentimental da xeración que viviu o esboroamento da ditadura, os designios discográficos non foron xenerosos con el. “Fixérono un grupo de rapaces, de apenas 20 anos, con intención de renovar a música galega”,. Con Cao (Compostela, 1953) á arpa, entraron ao estudio Audiofilm de Madrid Bernardo Martínez á frauta, Xosé Ferreirós á gaita e á percusión, Antón Seoane á zanfona e Xoán Piñón á guitarra eléctrica.

Cancions
Fonte Do Araño
Pandeirada de Nebra
Na noite de San Xoan
Chegando ao Caurel
Mentras ela fía
Arrieiros de Moraña
No campo da festa
Romance de Bernardino e Sabeliña
Baixaron as fadiñas
E as geivotas sobor de nós

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Emilio Cao – Fonte Do Araño”