Dixie Town – O Furacán (Vinilo 180g Edición Especial)

14,99 Iva incluido

SKU: 84353836004001 Categoría:

Descrición

O PODER SALVAXE E NATURAL DE O FURACÁN
Dixie Town presenta O Furacán o seu disco máis persoal e completo producido polo Neoyorkino Mike Mariconda e gravado nos estudos Tigruss de Gandía por Pepe Gomar con equipos completamente
analóxicos en agosto de 2012. Con este traballo o trio vigués dá un golpe na mesa mostrando a súa variedade de rexistros e cun
son inspirado en referencias tan dispares como Captain Beefheart, Blue Cheer, Spencer Dickinson xunto coa súa bagaxe habitual infestado de chiscadelas a power trios clásicos como Ten years after, Grand Funk Railroad e o son de bluesmans texanos como Johnny Winter. O primeiro adianto poderá escoitarse
en formato dixital a partir do 17 de Setembro para mes a mes ir mostrando distintas facetas do álbum de face á súa saída programada para decembro de 2012. Cunha arriscada aposta de deseño que non deixará indiferente a ninguén O Furacán mostra a unha banda en estado de graza con máis enerxía que nunca e orgullosa de se misa que ao longo de 2013 presentará este traballo por toda España mostrando o poder salvaxe e natural de O FURACÁN
Dixie Town debutaba en 2007 cun sinxelo disco de blues. HARDNIGHTERS, BLUESBELIEVERS foi unha primeira toma de contacto coa industria musical. Sabendo que os tríos setenteiros apóianse no blues; pariron un elegante e sinxelo disco impregnado de grandes clásicos do xénero, revisados coa personalidade da banda. Plantábase a primeira semente da besta.
Para cociñar OVERDRIVE, o seu segundo disco, o trío partiu de antigos ingredientes, pero mesturados de maneira distinta. Unha semana en agosto de 2008 na serra madrileña, encerrados nas 4 paredes dunha sala, nos estudos Hispamusic de Alpedrete, bastou para lograr suorentas sesións do novo repertorio integramente gravadas en directo. Novas cancións orixinais xunto a revisións xenuínas de Canned Heat, Free, Johnny Winter e si, Little Richard! E a fresca Dance Around The Fire, unha versión moi afastada da visión dos seus autores: os infravalorados neoiorquinos The Compulsions. A guinda do pastel, é dicir, a mestura e o mástering realizouse Guitar Town Recordings, a cargo do gran Hendrik Röver.
DIXIE TOWN O Furacán
Con FAT & SUPERB armouse a gorda; Dixie Town viaxaba ás mediterráneas e calorosas terras de Gandía coas ilusións postas na gravación dun novo e máis persoal disco. FAT & SUPERB é
esmagador, brutal, cru, con cancións que destilan esenciais dos mellores power tríos da escena actual; o disco cheira a Josiah, ZZTop, Radio Moscow… é un paso máis aló, puro hard-rock-blues. E a isto contribuíu o produtor holandés Erik Spanjers (entre os seus traballos destaca a produción do bluesman Boo Boo Davis) cuxo coñecemento do estilo impregna ao disco dun perfume setenteiro
marabilloso, a persoa perfecta para este disco, para este grupo. Un traballo perfecto de produción, mestura e masterización.

1.  The Pills,… …..5´01

2.     The Place I Call Home,…..3´00

3.     Hill Country Breakdown……3´13

4.     Doublecrossed…….3´36

5.     Future Blues……..2´27

6.     A life, A Live……. 3´26

7.     O Furacán………..3´10

8.     Every Father´s Song…….3´57

9.     Troublemaker……..2´41

10.Worth More Than The Money…….5´01

11. Gorilla……..3´36

12. Letter To My Daughter……3´00

13. 364 Days………….2´43

14.Growing On The Vine……..2´20

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Dixie Town – O Furacán (Vinilo 180g Edición Especial)”