Cristina Pato – Latina

16,95 Iva incluido

A primeira vez que Edward Perez (baixo) e mais eu tocamos unha muiñeira, non soaba tradicional galego en absoluto (quizais porque el é de Texas e vivíu uns anos en Perú), pero a min si que me soaba moi familiar…

SKU: 016728141529 Categoría:

Descrición

A primeira vez que Edward Perez (baixo) e mais eu tocamos unha muiñeira, non soaba tradicional galego en absoluto (quizais porque el é de Texas e vivíu uns anos en Perú), pero a min si que me soaba moi familiar… Edward engadiu o patrón do joropo a unha canción galega e con ese cambio sutil, trouxome recordos da forma na que o meu defunto pai, Dositeo Pato, un emigrante galego en Venezuela, adoitaba tocar.

Tras esta experiencia e catro anos mais de xira xuntos, en 2014 engarguei a Edward que escribise a música para una idea narrativa que eu tiña sobre explorar os diferentes xeitos de entender unha mesma palabra a través dun mesmo ritmo. Estaba intrigada polo complexo significado da palabra latina nos Estados Unidos e, a través da música, quería atopar unha forma de entender e explicar esta viaxe.

The Latina 6/8 Suite é o resultado dun proceso de colaboración. Abrindo cun fandango, un ritmo que ten viaxado en ambos sentidos a través do Atlántico, e pechando cunha tarantella tradicional siciliana e unha muiñeira galega incríblemente semellante, a viaxe lévanos a través de fascinantes ritmos latinoamericanos en 6/8. E cada un deles ten detrás unha apaixonante historia de migracións humanas.

Todos temos en común raíces, patrimonio cultural, lingua, maneira de vivir… Pero explorar como un patrón básico de 6/8 ten evolucionado en diferentes países latinos pon de relevo moitos outros temas relacionados co contexto e significado da palabra latina que tamén teñen evolucionado de xeito fascinante: xénero, poder e migracións humanas.

Este album contén tamén música de colaboradores moi achegados a min. “Llegará, llegará, llegará” de Emilio Solla e “Let’s Festa” de Victor Prieto estiran a nosa viaxe a Arxentina e Brasil…

 “The Latina 6/8 Suite” é unha idea concebida e encargada por Cristina Pato

Arranxos e composicións orixinais por Edward Perez agás pista 7 (por Emilio Solla)

Temas:

  1. Fandango: Prueba de Fuego
  2. Landó: María Landó
  3. Tanguillo: The High Seas
  4. Joropo-Festejo: Muiñeira de Chantada
  5. Currulao: Currulao de Crisis
  6. Tarantella-Muiñeira: Epilogue
  7. Llegará, llegará, llegará
  8. Let’s Festa

Bonus Track: Tarantella-Muiñeira (without narration)

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Cristina Pato – Latina”