Cristina Pato e Davide Salvado – Rústica

13,95 Iva incluido

SKU: 80407101101 Categoría:

Descrición

“Unha carta de amor ao incríbel patrimonio cultural de Galiza, á amizade e á emoción”. Así presentan desde o selo editorial Rústica o novo traballo musical que sairá publicado a comezos de febreiro mais do que Fol Música vén de adiantar unha mostra. 

Quen asina Rústica non é un grupo nin un nome individual da nosa música, son catro recoñecidas figuras que teñen partillado por solto en multitude de proxectos mais que agora se xuntan nesta homenaxe ao noso patrimonio musical. 

 Davide Salvado, Cristina Pato Anxo Pintos e Roberto Comesaña poñen novos sentimentos a cancións antigas que gardan o regusto do tempo máis toman tamén un son próximo e actual. Gaita, acordeón, zanfona, pandeiros e voz son os instrumentos deste Rústica que sairá á venda o 10 de febreiro e que adiantan como “un tesouro agochado que agora sae á luz”. 

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/davide-salvado-cristina-pato-anxo-pintos-roberto-comesana-xuntanse-rustico/20150116121716034093.html

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Cristina Pato e Davide Salvado – Rústica”