¡Oferta!

Cristina Gallardo-Domás & Orquesta Gaos – Lela, Cancions Galega

Formato CD

3,95

Agotado

Agotado

Descripción

A soprano chilena Cristina Gallardo-Domâs gravou o ano pasado dentro do ciclo Xacobeo Classics un disco moi especial: Pampa. Trátase dunha recompilación de cancións tradicionais galegas, con arranxos sinfónicos para a Orquestra Gaos compostos polo vigués Juan Durán. «Para este traballo temos que fiar moi fino, porque queremos que permaneza nos arquivos da música galega, española e mundial. Estas cancións desprenden un sentimento moi profundo», dixo no seu momento a soprano cando estivo en Galicia gravando o disco. E así foi. Gallardo-Domâs pon a súa voz a catorce cancións nun disco de referencia na música galega que reúne: Pampa, Soedades, Os teus ollos, Un adeus a Mariquiña, Negra sombra, Vai lavar a cara, Lonxe dá terriña, Rosa de Abril, Maio Longo, Cantiga, María Soliña, Alborada, Bastabales e O limite increado do mundo. Cobra tamén especial protagonismo neste álbum a Orquestra Gaos, formada por músicos novos dos principais conservatorios galegos e dirixida nesta gravación por Fernando Briones. A formación Gaos, creada no ano 2009, ofreceu nos últimos tempos concertos na Coruña, Vigo, Ferrol e Betanzos e converteuse nunha plataforma excepcional para a canteira musical galega.