Cristian Silva – Ego

Formato CD

13,95

En stock

En stock

Descripción

Ego é o primeiro disco do músico carrilexo Cristian Silva. Neste disco, a gaita e as frautas mistúranse cos sintetizadores e a percusión tradicional nunhas composicións con sonoridades indie-pop que ofrecen unha nova visión da música para gaita.
Neste disco o autor engloba a produción musical total interpretando máis de medio centenar de instrumentos, e onde podemos escoitar colaboracións de artistas de renome na música galega como Davide Salvado, Pedro Pascual ou Pandeiromus.
O material principal do disco son obras musicais que misturan tradición con vangarda e que afondan nas novas técnicas interepretativas da gaita, como podemos observar no tema que abre o disco: A insignificante historia do home astronómico, un tema lanzado cunha orixinal curtometraxe de animación en stop
motion.
En Ego atopamos música tradicional, pero tamén tintes de música pop, rock, flamenco, electrónica, irlandesa ou contemporánea, todo baixo o punto de vista do autor.