Coanhadeira – Bicos con luvas

Formato CD

11,95

En stock

En stock

Descripción

Bicos con luvas
 No disco, que inclúe un total de once novas cancións entre composicións propias e versións de temas tradicionais, colaboran músicos como Gonzalo Abeleiras, Gutier Álvarez, Diego Pérez e Ugía Pedreira, como letrista dun dos temas.

O título do álbum coincide cun dos seus temas e escolleuse pola forza figurativa dunha frase que transmite imaxes diferentes a cada persoa que a escoita. Porque, no fondo, para Coanhadeira aí reside a esencia da súa música: a transmisión de ideas, sensacións e emocións diferentes a través das melodías que lle ofrecen ao público. Por iso escolleron esa canción e ese título, un nome aberto que lle outorga ao espectador a capacidade de imaxinar, de crear diferentes imaxes ao escoitar tanto a canción como simplemente o seu título.

Bicos con luvas encabeza así un conxunto de cancións que inclúe temas de autoría propia como, ademais da canción que lle pon nome ao disco, Pasatempo, Nuno ou Eu ben sei. Esta última, musica de forma totalmente orixinal unha coñecida letra de Rosalía de Castro e é unha canción que xa está a ser difundida pola rede. O seu vídeo serve de agradecemento a todos os mecenas que colaboraron na campaña de Verkami lanzada polo grupo para producir este álbum.