Descripción
En Galiza hai dúas realidades superpostas: unha a flor de terra, outra no subsolo.
Este libro reúne unha inmensa variedade de fontes para ofrecernos unhas acreditadas memorias do subterráneo.
Textos e imaxes esenciais que conforman unha enciclopedia das crenzas, mitos e saberes dun mundo subterráneo poboado por fascinantes personaxes; un modo alternativo de nos adentrar en episodios históricos e grandes lendas da cultura galega, desvelar o contido simbólico do inframundo e avanzar na comprensión dun extraordinario escenario xeolóxico e máxico que acolleu a primeira historia da humanidade.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.