Celestrino de Leduzo vs. Calviño de Tallo – Regueifa en Bergantiños

Formato CD + LIBRO

19,95

En stock

En stock

Descripción

Na súa manifestación en forma de controversia, a chamada regueifa, destacaron numerosas figuras que encarnan os últimos anos de vitalidade do fenómeno improvisador galego.

Entre elas soan con forza os nomes de Blanco de Muiñoseco (Coristanco) e o dos seus discípulos Calviño de Tallo (Ponteceso) e Celestrino de Leduzo (Malpica de Bergantiños). Ambos improvisadores levaron a disputa en verso ao seu máis requintado nivel. Máis alá dos casamentos (o contexto inicial do xénero) amenizaron os bares, as festas e calquera encontro público e semiprivado dunha Galicia eminentemente rural. A través destas figuras e o seu tempo coñeceremos estas coplas de catro versos octosílabos con rima nos pares, que vinculadas a unha melodía fixa compartida polos opoñentes, constitúen o celme da tradición cantada galega.