View cart “Cantigas do Camiño – Cantigas do Camiño” foi engadido o carriño.

Carmen Penim – Herdeiras

18,95 Iva incluido

Formato: LIBROCD

Música: Canción galega

HERDEIRAS: un proxecto en clave de muller
Dar voz á memoria viva e luz á memoria esquecida

SKU: 9788469746707 Categoría:

Descrición

Herdeiras é un libro-CD (poemas musicados e artigos e un audiovisual) no que colaboran as herdeiras e herdeiros (netas e netos e fillas) de represaliados na época da guerra e a posguerra; e as principais intelectuais e poetas de Galicia que produciron obras sobre este tema. Herdeiras fala de muller e dereitos, fala da construción da identidade, da visibilización, do sentido de herdanza, recuperando historias de mulleres resistentes e solidarias, represaliadas ás veces só por ter loitado por dereitos que hoxe consideramos obvios. E fala de memoria, porque o esquecemento non trae a paz serena que queremos, porque non nos queremos repetir e queremos sentirnos orgullosas de ser netas e fillas de mulleres fortes e dignas.

UN TRABALLO CORAL: 27 PERSOAS XUNGUIDAS EN HERDEIRAS
En Herdeiras, poderás escoitar a música de Carmen Penim sobre poemas de Helena Villar, Carmen Blanco, Eva Veiga, Marga do Val e Marta Dacosta, ademais de letras da mesma Carmen. Tamén na parte de libro verás cunha fermosa gráfica (Númax) e fotografía de Xoán Piñón, artigos breves sobre as protagonistas: as mulleres que sobreviviron e resistiron. E ademais conta co luxo dunha curtametraxeque Margarita Ledo realizou expresamente para Herdeiras: “Bucle”.
No libro colaboran con breves artigos: Aurora Marco, Montse Fajardo, Luis Bará, todos eles investigadores; Xan Leira, herdeiro; Pepe Cáccamo, poeta e herdeiro; Valentín García Bóveda, herdeiro e secretario da Fundación de Bóveda, Carmen G. Rodeja (ARMH),María Torres, Xosé Álvarez, investigadores ambos; Ana Paula Mejuto, herdeira, con Olivia Rodríguez, investigadora; Xosé Manuel Cid, Xesús Alonso Montero, Presidente da RAG ata o 2016; René Pacheco, arqueólogo da ARMH e Amalia Bóveda, filla do insigne Alexandre, escribiu o prólogo.

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Carmen Penim – Herdeiras”