Carlos Nuñez – Discover

18,95 Iva incluido

Carlos Núñez converteuse nun artista de alcance global e a publicación o 6 de novembro do seu álbum Discover así o reflicte. É un 2-CD que inclúe 4 inéditos así como múltiples colaboracións con artistas amigos á marxe da súa propia discografÃ

SKU: 886919605129 Categoría:

Descrición

Como escribiu recentemente un xornal durante a súa xira norteamericana, máis que unha antoloxía ao uso é un disco gravado durante 15 anos, tal é a coherencia da viaxe que describe. O completo libreto que o acompaña, escrito en tres idiomas por prestixiosos xornalistas musicais, así o testemuña.

Discover contén 39 temas que percorren a obra dun artista inquieto, arriscado, sempre en permanente procura, revolucionario nas súas aventuras en pos de conexións da música galega con outras culturas, exploradas sempre con primeiras figuras de cada xénero: o celta cos Chieftains, Sinéad OConnor ou The Waterboys; o cubano con Omara Portuondo ou Compay Segundo; o mexicano cos Lobos; o brasileiro con Carlinhos Brown; o flamenco con Carmen Linares, Vicente Amigo, ou Carles Benavent; o medieval con Montserrat Caballé ou Jordi Savall e tamén aparecen conexións menos evidentes a primeira vista, pero facilmente entendibles no fluír do disco e da carreira de Carlos, por exemplo: Luz Casal, Ry Cooder, Jackson Browne, Ryuichi Sakamoto, ou Laurie Anderson, ou Roger Hodgson de Supertramp.

Le Monde dedica ao disco unha páxina completa e explica que se chama Discover non porque Carlos sexa un novato descoñecido, senón porque é sorprendente descubrir a cantidade e variedade do feito por este especialísimo artista nestes primeiros 15 anos de carreira : Desde tocar ante 2 millóns de persoas no xubileu de Roma, a actuar na inaguración de Ryder Cup televisada a todo o mundo; de facer un concerto desde o barco da Fura dels Baus, con centos de actores colgados dos guindastres do porto e partindo ao terminar, a facer a música para un dos mellores grupos de danza contemporánea do mundo, o brasileiro Grupo Corpo, ou para unha película de animación de Ghibli – o Disney xaponés – , ou o seu máis coñecida experiencia con Amenábar para Mar Dentro, até tocar nun estadio, ou cunha orquestra sinfónica fronte á Catedral de Santiago.

Carlos Núñez está recoñecido como un dos músicos máis excitantes e serios de mundo pola BBC. O diario francés Libération considerouno como a única estrela planetaria da gaita, The Times deu 5 estrelas ao concerto de presentación do seu último disco no Reino Unido e Os Angeles Times publicou que se é posible converterse nunha estrela pop tocando música tradicional con gaita e frauta, el podería ser o home e Billboard chegou aínda máis lonxe: O Jimi Hendrix da gaita.

CD1
1 – AMANECER 
2 – A IRMANDADE DAS ESTRELAS 
3 – TITULOS FINALES (MAR ADENTRO) 
4 – NEGRA SOMBRA (avec LUZ CASAL et RY COODER) 
5 – MARCHA DO ENTRELAZADO DE ALLARIZ
6 – MARIA SOLIÑA (avec TERESA SALGUEIRO de Madredeus) 
7 – A ORILLAS DEL RIO SIL (avec CARMEN LINARES)
8 – CONCIERTO DE ARANJUEZ 
9 – VIVA LA QUINTA BRIGADA 
10 – A LAVANDEIRA DA NOITE 
11 – CANTIGUEIRAS (edit version)
12 – LELA 
13 – JIGS & BULLS 
14 – GALLEGUITA 
15 – GALLEGUITA/TUTANKHAMEN (avec THE CHIEFTAINS) 
16 – PARA VIGO ME VOY (version inédite live avec COMPAY SEGUNDO) 
17 – GUADALUPE (avec THE CHIEFTAINS) 
18 – VOU VIVENDO
19 – PADARIA ELETRICA DA BARRA 
20 – NAU BRETOA 

CD2
1 – THE CROW ON THE CRADLE (avec JACKSON BROWNE) (edit version)
2 – AIRES DE PONTEVEDRA (avec L’ HERITAGE DES CELTES) (edit version) 
3 – CAMIÑO DE SANTIAGO (edit version) 
4 – PASACORREDOIRAS
5 – THE MOON SAYS HELLO (avec RODGER HOGDSON de Supertramp) 
6 – THE RAGGLE TAGGLE GIPSY (avec MIKE SCOTT)
7 – KARANTE DOH DOUE 
8 – THE THREE PIPERS 
9 – SAINT PATRICK’S AN DRO 
10 – WOMEN OF IRELAND 
11 – BOLERO 
12 – DIFERENCIAS SOBRE LA GAYTA (inédit) 
13 – PRELUDE CELLO SUITE N.1 J.S. BACH 
14- AFIADOR (inédit) 
15 – THE FOGGY DEW (avec THE CHIEFTAINS) 
17 – SHINING BOY & LITTLE RANDY- ENDROLL (avec RYUICHI SAKAMOTO) 
18 – OCEAN OF SOUND (avec HECTOR ZAZOU) 
19 – MORNING POEM (avec ANDREAS VOLLENWEIDER) 
20 – PONTHUS ET SIDOINE 
21 – CANTIGA 2, MARTIN CODAX
22 – SALVE FINISTERRAE

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Carlos Nuñez – Discover”