Berlai – Desconhecido

17,95

Agotado

Agotado

Descripción

Desconhecido conta, a través de trece cancións e case noventa páxinas, a historia dun home que procura refuxio no mundo rural ante a imposibilidade de acadar o amor desexado, un amor ao que se nega o seu entorno familiar.
Nos magníficos e realistas debuxos a lapis de Ernesto G. Torterolo atopamos a plasmación dos poemas cantados que podemos escoitar ao tempo que lemos o libro. Como ben se suxire na introdución da obra estamos ante un artefacto que podemos «lerouvir», editado de xeito primoroso por Axóuxere tras un exitoso proceso de micromecenazgo no que Komic Librería aportou o seu gran de area.
Un título, pois, moi evocador que fai reflexionar e pensar aos seus lectores-ouvintes e que, dun xeito poético, por intres case etéreo, fala do inconformismo ante os preceptos socialmente aceptados, de rachar co estabelecido. E nisto ten moito que ver a metafórica presenza da paisaxe e da fauna rural, a idea de liberdade que pode chegar a transmitir.
Esta rara avis mestura con precisión a bd e a ilustración coa poesía, a narrativa e a música, constituíndose por ela mesma como outra representación desa mesma liberdade.

TEMAS:

1. Quem pudera ter sido…?
2. Intro Far West
3. Far West
4. Abro a janela
5. Só uma noite não é nada
6. Cruzei mares
7. Mil sorrisos
8. Só queria repetir
9. Às vezes…, perdim-te
10. Atacado de piolhos
11. Um livro estranho
12. Hoje é por fim… nós
13. Chegando a Mordor (Bonus Track)