Avelaiña – Ciclo

Formato CD

9,95

En stock

En stock

Descripción

AVELAÍÑA

Este grupo Galego, formado polos membros que a continuación se detallan, foi seleccionado polo INJUVE 2006 no seu apartado de Música Folk Nacional, formou parte da representación de Galicia na Feira Internacional MIDEM´2007, participou na programación cultural do Xacobeo 2007 e 2009, das Redes Culturaís das Diputacións de Portevedra e A Coruña, do AGADIC 2008, foi finalista no Concurso Folk Internacional de Navelgas 2008, ten actuado en festas tan nomeadas como a Feira da Istoria de Ribadavía, a Feira Franca de Pontevedra ou a Festa da Raia en Sanxenxo, ofrecendo concertos en Galiza, Asturias, Euskadi, Cantabría…

CICLO

O espazo do ano no que nos atopemos da lugar a distintas actitudes nos pobos. Viviranse situacións diferentes segundo a estación, o mes no que cheguen a Galicia. Actitudes, sentimentos, situacións e costumes que van dende a alegría e a festa nos meses do verán ata o recollemento no mes de defuntos e no inverno, pasando pola tristura e a reflexión do outono ou o renacer que todos podemos sentir coa primavera.

Avelaíña recolle toda esta variedade nas pezas do seu 4º disco titulado CICLO. Un CD conceptual que pretende ser o eixo central dunha proposta escénica chamada O CICLO DO CAMIÑO e na que o grupo quere dar a coñecer a súa música acompañándoa de proxeccións, narracións eefectos de son e luz.