Ardentí­a – Adiante

11,95 Iva incluido

SKU: 8424295356932 Categoría:

Descripción

Adiante. Abre as portas. Entra na nosa casa. Nela conviven diferentes estilos, propostas, tendencias que unindose fan música do pais. Eiqui atoparas  música da terra e coma ela e rica en matices, variada, amplia, complexa. Â

Adiante. Debemola coidar sen complexos.

Adiante. Debemos enriquecela sen fronteiras.

Adiante. Debemos disfrutala sabendo que en cada melodía hai unha parte de nos.

O Grupo de Música Folk-Tradicional “ARDENTÍA” fundouse no ano 1989 coa intención de profundizar e divulgar a musica galega dun xeito ameno e participativo. Utiliza para lograr ese fin un repertorio variado, baseado en temas populares galegos e temas compostos polo grupo e introducindo as voces como elemento significativo. Ardentia ten cinco discos no mercado, recibindo moi boas criticas tanto da prensa especializada como do publico asi como diversos premios (Premio o mellor grupo revelación TVG). Actualmente esta preparando un novo disco que estreará a principios de 2014 coincidindo co se 25 aniversario. Ardentia ten tocado en multitude de festivais entre os que podemos destacar “Cantigas de Maio” -Seixal, “Festival folk de Couso”, “Festival Folk de Bandeira”, “FolkMatamá”, “Festival Folk de Callobre”, “Festival do Mar de Paimpol” (Francia), “Festival do Mar de Brest” (Francia), “Tradicionarius” de Barcelona, Espectáculo Musicas da Liberdade Galiza 2007, Festival Interceltico de Porto, Festas da Reconquista de Vigo, etc. Asimesmo ademais da sua faceta artistica Ardentia ten realizado ou colaborado en diferentes proxectos de divulgación e estudio dos instrumentos populares nas escolas e facultades de Galicia asi como de xogos e cancións para nenos. Instrumentación: Gaita, Saxofon, Acordeon, Zanfona, Bouzouki, Guitarra Acustica, Contrabaixo, Frauta, Percusións e voces.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Ardentí­a – Adiante”