Andrés Vilan – Método de Tambo Galego

24,95 Iva incluido

Formato: Libro+CD

Música: folk

Despois de case dúas décadas de experiencia docente, e debido á falta de métodos específicos para tambor galego, o autor, Andrés Vilán, decide publicar esta obra co fin de encher o baleiro existente neste eido.

SKU: 9788469755853 Categoría:

Descrición

O MÉTODO DE TAMBOR GALEGO pretende asentar as bases deste instrumento, comezando polos conceptos máis básicos (postura corporal, agarre, golpeo…) ata outros máis avanzados (acentos, redobre, mordentes…), e, deste xeito, sistematizar unha técnica propia e axeitada desde calquera punto de vista: técnico, musical e histórico.
Este traballo, de máis de cen páxinas, segue a estrutura dos catro bloques principais (O tambor galego, Sistema de notación, Técnica e Padróns rítmicos) empregada polo autor ao longo de moitos anos, tanto nas súas aulas regulares como nos obradoiros e master classes, e posteriormente imitada por diferentes percusionistas do país no seu labor docente.

Nun primeiro bloque amósanos a orixe e evolución dos diferentes tambores presentes na nosa tradición, así como as súas principais características e o seu funcionamento mecánico. No seguinte bloque preséntanos un sistema de notación propio para o tambor galego, desenvolvido a partir do sistema monolineal creado polo Dr. Fritz Berger. No terceiro céntrase na técnica propiamente dita, traballando diferentes conceptos, como o agarre, o golpeo ou o redobre, con case cen exemplos prácticos. No último bloque amósanos preto de trescentos padróns dos principais ritmos da música tradicional galega e o arranxo para tambor de catro obras para gaita.

Este método vén apoiado por numerosas fotografías e un CD con máis de cen cortes de audio con gran parte dos exercicios e padróns rítmicos vistos anteriormente, así como coas catro obras para gaita, con e sen percusión. Nestas catro obras colaboran os músicos Edelmiro Fernández, Pablo Dalama, Oscar Ibáñez, Álvaro Novegil, Iván Costa, José Manuel López e Cristian Silva.”
Con Tania Ruibal, Álvaro Novegil (Pintor Alvarellos), Xandre Outeiro (Pekeno Rapante), Salvador Niebla, Edelmiro Fernández, Pablo Dalama, Oscar Ibáñez, Ivan Costa, Jose Manuel Lopez, Cristian Silva, Miguel Fraguas (Miguel Tenorio), Caco Refojo, Rafa Darrosa, Paco Dicenta, Liliana Carro, Xabier Seixo, Carlos do Viso e Missom Instrumentos Musicais.

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Andrés Vilan – Método de Tambo Galego”