Andrés Penabad – Bipolar

13,95 Iva incluido

Formato: CD

Música: FOLC

Tras o éxito do seu primeiro disco (“Crossing”, 2014), primeiro traballo en solitario do acordeonista galego Andrés Penabad, volve neste 2016 con máis forza se cabe, para presentarnos o seu segundo traballo.

SKU: 84235383622976 Categoría:

Descripción

“Bipolar” mostra a un Penabad com máis experiencia e máis maduro despois destes dous anos de concertos levando a súa música por todo o territorio español e o estranxeiro. Este disco empezouse a xestar na primavera de 2015 e foi gravado entre Oza dos Ríos e Santiago de Compostela. Contén dez temas pensados para o directo, que reúnen composicións propias, de Fernando Barroso e dúas pezas tradicionais. “Bipolar” é un traballo concibido para os directos e para os tempos que corren, sen grandes necesidades técnicas nin humanas. É por iso que Andrés rodéase da súa banda habitual, á que tamén se suma algunha colaboración como a das cantareiras e pandereteiras Lilaina, Pablo Vergara no bodhran, Ramón Dopico ás percusións e Álvaro Trillo na batería. Nesta ocasión Andrés volve contar tamén con Fernando Barroso, a quen lle confía a produción do álbum. Con este segundo disco Penabad quere deixar claro que non é casualidade e que quere gravar o seu nome no panorama do folk galego.

Cancions

  • A Fonte do Mel (Andrés Penabad) 00:03:24
  • Alarma en Fernández Latorre (Andrés Penabad) 00:03:02
  • Muiñeira de Seixedos Muiñeira de Borrifáns (Andrés Penabad) 00:01:51
  • Acordeolóxico (Andrés Penabad) 00:05:38
  • Bipolar (Andrés Penabad) 00:03:44
  • Iberian Roulette (Andrés Penabad) 00:04:46
  • Máxica (Andrés Penabad) 00:03:26
  • Danzas Sempiternas (Andrés Penabad) 00:04:03
  • Cantar e Xota de Seixedos (Andrés Penabad) 00:03:25
  • Himno dos Noventa (Andrés Penabad) 00:04:48

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Andrés Penabad – Bipolar”