Andrea Pousa – Respirar

14,95 Iva incluido

Formato: CD

Música: Folk

Andrea Pousa presenta o seu primeiro álbum en solitario “RESPIRAR”

“O latexo do lirismo galego feito canción capaz de traspasar fronteiras”.

SKU: 8435030105999 Categoría:

Descrición

Andrea Pousa, é rica e poderosa en creatividade, sensibilidade, dozura e temperamento. Ten a capacidade de convertir cada canción nunha obra de arte viva, sensitiva e transformadora.
Por máis de 10 anos, estudia Máster Class de canto e interpretación.
Foi membro do grupo vocal femenino vigués de arte creativa “Sueño de Calíope”, durante 10 anos.
En 2014 funda Queiman e Pousa, empresa de espectáculos, comprometida coa Cultura Atlántica, onde se desenvolven diferentes espectáculos con temáticas adaptadas a cada evento e lugar. Cunha labor e recoñecemento nacional e internacional.
É a voz principal de KELTIA O MUSICAL, o musical que transmite a espiritualidade da cultura celta e romana, o seu contacto coa natureza, tradición e a súa esencia.
RESPIRAR
‘Respirar’ un proceso fisiolóxico indispensable para a vida. Con máis de 15 anos de experiencia sobre os escenarios, Andrea Pousa presenta o seu primer álbum en solitario RESPIRAR.
Hai un punto, arredor de certas músicas, onde todos nos sentimos limitados a hora de ter que
etiquetalas, mesmo verbalizalas.
Ese é o mundo onde a voz emocionante de Andrea Pousa habita e da forma, a través dun puñado de cancións diversas, picando aquí e alá; lirismo, tradición, vanguardía, popular… Todas elas cancións orixinais, excepto unha versión innovadora da coñecida “Negra Sombra” de Rosalía de Castro e Xan Montes.
Cancións interpretadas en galego, castelán e portugués.
O caso é que Andrea é quen de transmitir todo iso sendo ela mesma, con elegancia e frescura, conformando coa súa voz clara e firme.
Un estilo de canción que sitúa os seus propios límites na contorna do Atlántico.
Producido polo compositor e músico Nani García, trátase dun traballo elaborado con moito gusto que sabe sacar a verdadeira esencia de Andrea Pousa, con unha calidade musical e artística moi sofisticada.
Elenco de músicos no directo:
Nani García: piano, teclados
Miguel Cabana: batería, percusión
Simón García: contrabaixo, baixo eléctrico
Roberto Grandal: acordeón, teclados
Carlos Calviño: guitarra eléctrica, guitarra acústica, guitarra española.
Criptana Angulo: cello

TEMAS
1- Cartas ao lonxe
2 – Pasa o Río
3 – Respirar
4 – Despedidas
5 – Nana de Seu
6 – Cando penso que te Fuches
7 – Mi Luz
8 – Voces que Tiran Muros
9 – Por Fin
10 – Sen Claves
11 – Sin Ti
12 – N`alén

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Andrea Pousa – Respirar”